domingo, 6 de febrero de 2022

Mansio Asseconia (Santiago de Compostela) Vídeo: Marcha Cohors Peditata "Os Trescentvm de Asseconia"

Mansio Asseconia (Santiago de Compostela) 

Vídeo:  Marcha Cohors Peditata "Os Trescentvm de Asseconia" 

Fonte: Rede de Centros Socioculturais de Santiago de Compostela

https://archeopolis.blogspot.com/2022/02/mansio-asseconia-santiago-de-compostela.html


Ver vídeo:  o video que fixo a  Rede de Centros Socioculturais de Santiago de Compostela recreando a Compostela do Século I cos debuxos de E.V.Pita, pódelo ver neste enlace https://www.youtube.com/watch?v=JzKE59qXuk8




 MARCHA COHORS PEDITATA “OS TRESCENTVM DE ASSECONIA” A COMPOSTELA ROMANA – Mansio Asseconia

 


Este ano polo entroido disfrazarémonos de lexión romana. Se tes un minuto explicarémosche porque: Alá polo século I Compostela era coñecida por “Mansio Asseconia” (Mansio era como lle chamaban as zonas de parada e paso nesa época e Asseconia sería o nome do lugar) E sería mais ou menos así: No alto da Algalia, contra San Roque, estaría o Campamento Romano co seu forte defensivo e a torre vixía probablemente estaría en Belvís, na zona do Seminario Menor. No lugar da catedral habería unha necrópole ou cemiterio e unhas termas ou baños públicos (é posible que fose unha casa señorial con calefacción da época). Na zona da rúa do Vilar estaría o Vicus ou aldea. E máis lonxe, no alto do monte de Santa Susana estaría un castro. Pero imos volver a necrópole..... Os romanos puxeron de moda facer mausoleos, que son monumentos funerarios para unha soa persoa ou familia. O de Asseconia debería ser importante porque tiña dous pisos. Só conserva o primeiro e é onde se atopan os restos do Apóstolo. Si, , a cripta que está no corazón da catedral está feita sobre ese mausoleo. Non hai moita información desta época, pero si podemos disfrazarnos e sentirnos romanos por un día! Lexionarios, guerreiros, patricios, plebeos, todos lembrando a orixe esquecida da nosa cidade, marcharemos dende distintos puntos para atoparnos na Quintana!! Porque o importante é vivir o entroido! Pide información no teu centro sociocultural máis próximo e volve a sentir a pegada de Roma 




Ilustracións e recreación histórica: E.V. Pita http://archeopolis.blogspot.com/2015/03/estudio-los-origenes-romanos-de.html Se queredes saber mais, Carlos Montaña fai unha recreación como sería o teatro romano de Asseconia: http://eltablerodepiedra.blogspot.com/2021/05/el-teatro-romano-de-asseconia-santiago.html



 o video que fixo a  Rede de Centros Socioculturais de Santiago de Compostela recreando a Compostela do Século I cos debuxos de E.V.Pita, pódelo ver neste enlace https://www.youtube.com/watch?v=JzKE59qXuk8

.............................................................

ENTROIDO 2022. ROMANOS 

- LEGIO IN MANSIO ASSECONIA-

Estimadas familias, 

Atopámonos no segundo entroido pandémico, pero non por iso imos perder a ilusión de disfrazarnos e gozar da festa mais divertida do ano.

Propoñémosvos disfrazarnos de Romanos, mais concretamente de Lexionarios, especialmente tendo en conta o descoñecido pasado Romano da nosa cidade. 

Para os mais curiosos, achegámosvos un resumo do estudo de E.V. Pita que ilustra e explican como sería hipoteticamente nosa cidade no século I, na época romana.


OS ROMANOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA 

Baseándonos nun estudo de Enrique Vazquez Pita (¿La catedral de Santiago fue levantada sobre un campamento romano?) podemos imaxinarnos como sería esta hipotética cidade no século I 

 o video que fixo a  Rede de Centros Socioculturais de Santiago de Compostela recreando a Compostela do Século I cos debuxos de E.V.Pita, pódelo ver neste enlace https://www.youtube.com/watch?v=JzKE59qXuk8

Fonte: Rede de Centros Socioculturais de Santiago de Compostela